Mércores 08.09.2010  | Actualizado 17.09      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

POLÉMICA

O PP apoia o Bloque na difusión do Himno galego

22.08.2007 O vicesecretario dos conservadores asegura, de todos xeitos, que hai cousas máis importantes cando faltan só quince días para o inicio do curso

5.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

. MARÉ

O vicesecretario xeral do PPdeG Diego Calvo coincidiu onte co vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, en que o himno galego "debe ser coñecido por todos" os galegos, aínda que advertiu de que "hai problemas máis importantes" dos que se debería preocupar o Goberno galego.

Quintana asegurou o sábado pasado que o himno galego "é o compás que oficializa os sentimentos de Galicia como país" e apostou por aproveitar o ano do centenario da súa primeira interpretación para que non haxa ningún neno en Galicia "que non coñeza e saiba cantar os versos do bardo de Bergantiños".

Consultado por estas manifestacións nunha roda de prensa, Diego Calvo considerou que "o himno debe ser coñecido por todos", pero advertiu de que "a quince días do comezo do curso" hai outras prioridades por resolver, como a cuestión dos comedores escolares, "que aínda non se arranxou".

Os populares saen así ao paso da polémica aberta nos últimos días sobre as palabras de Quintana, mal recibidas en certos ámbitos próximos ao PP madrileño. Distintos intelectuais, porén, manifestáronse subliñando que o Himno galego obedece a unha cuestión de identidade e pertence, ademais, a un dos poetas europeos do seu tempo, Eduardo Pondal. Este ano, precisamente, cúmprese o centenario da primeira vez que o himno, con música de Pascual Veiga, foi interpretado en público.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS