Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

idioma

"Por práctica e tradición"

13.07.2010  A Real Academia Galega inspirarase no brasileiro para fixar algúns dos neoloxismos necesarios na actualización do glosario das Ciencias do Solo

5.0/5 [4 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

A Real Academia Galega (RAG) buscará no brasileiro unha terminoloxía adecuada para os neoloxismos vinculados a unha disciplina emerxente, a Ciencia do Solo. Así o salientou o persidente da institución, Xosé Luís Méndez Ferrín, tras asinar un convenio da Academia coa e a Sociedade Española de Ciencia de Solo (SECS). O convenio de colaboración ten como obxectivo a creación dun glosario de termos desta disciplina científica.

Actualmente, a SECS dispón dunha plataforma terminolóxica con 2.500 voces que se recompilaron desde os inicios desta nova disciplina científica, que se estuda desde o pasado século XX. Estes termos incluiranse no glosario -que será de acceso gratuíto e poderá consultarse on-line- non só en español, senón tamén en catalán, eúscaro, galego, inglés e francés. De feito, xa se conta coas equivalencias en catalán, inglés e francés.

No caso do galego, a academia asesorará os científicos nos campos de normalización e normativización. No entanto, o proxecto non soamentes contempla as equivalencias do vocabulario, senón tamén a realización de definicións dos distintos termos, para que poidan ser incluídos en futuras edicións do dicionario da RAG.

O presidente da Sociedade Española de Ciencia do Solo, Jaume Porta, afirmou que o obxectivo de colaborar coa Real Academia é, entre outros aspectos, o non querer facer "terminoloxía de laboratorio".

Así mesmo, Jaume Porta subliñou que se necesitará un período dun ano para ter as equivalencias do galego e que en dous anos estarían listas as definicións neste idioma.

 

A "toda a velocidade que sexa posible"

Pola súa banda, Xosé Luis Méndez Ferrín, destacou a vinculación entre a "vangarda" dos científicos de disciplinas vinculadas á natureza en Galicia e a "preocupación pola lingua", á vez que manifestou a súa vontade de incorporar ao idioma a terminoloxía das ciencias. En canto á colaboración, destacou que se traballará "con toda a velocidade que sexa posible" pero sen perder rigor por iso.

O preisdente da Real Academia Galega avanzou, neste sentido, que moitas palabras novas poderán atoparse na terminoloxía brasileira, tanto pola "práctica e tradición" existente respecto diso como polo feito de que este país é "unha potencia en ciencia do solo".

Sobre a porcentaxe de termos que poderían incluírse no dicionario, Méndez Ferrín considera que o momento actual é aínda "prematuro" para poder realizar cálculos.

CONVENIO CON EDUCACIÓN

Telefónica fomentará os menús dos móbiles en galego

Telefónica e a Consellería de Educación subscribiron onte un convenio de colaboración para a promoción da lingua galega polo que a compañía de telefonía se compromete a fomentar que os móbiles dispoñan da opción do menú neste idioma.

Ademais, o convenio subscrito entre o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e o director territorial de Telefónica en Galicia e Asturias, Ignacio Aller, inclúe a promoción de campañas entre os subscritores da compañía para dar a coñecer os modelos de terminais con lingua galega.

Este novo acordo, segundo recordou Educación, rubricouse tras a presentación por parte de Telefónica e a Secretaría Xeral de Política Lingüística do Proxecto Glossa o pasado abril, polo que a empresa poñía en marcha diferentes accións de promoción do galego, entre elas a posibilidade de que os empregados de Movistar en todo o mundo poidan aprender a lingua. Na actualidade, Telefónica xa oferta máis de cen móbiles con estas características e a maioría deles inclúen tamén dicionario.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS