Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 02.04.2020 Actualizado 14:36
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

Preservar a toponimia

REDACCIÓN   | 13.06.2011 
A- A+

O encontro de escritores e escritoras celebrado por Adega forma parte da campaña deste colectivo por unha ordenación sustentable do territorio

O encontro celebrouse no seo da campaña de Adega por unha ordenación sustentable do territorio Ponte no medio. Móvete polo territorio. Na primeira palestra participaron os narradores Ana Carreira, Xoán Ramiro Cuba e Antonio Reigosa. A primeira versou sobre a importancia do medo na literatura oral para a aprendizaxe de novos e adultos. Xoán Ramiro Cuba baseou o seu discurso no lendario relacionado cos elementos naturais. Antonio Reigosa afondou na literatura oral relacionada co patrimonio arqueolóxico lugués. A lingüista e doutora en toponimia Xulia Marqués destacou o dano que as concentracións parcelarias supuxeron para a preservación dos nomes de lugar. Xosé Miranda criticou a tendencia das autoridades públicas de mudar os vellos topónimos dos lugares por nomes honoríficos ou de repertorio.

Gonzalo Navaza, especialista na toponimia galega, chamou a atención das administracións locais e a Xunta competentes na preservación dos nomes de lugar e do patrimonio toponímico sobre a preservación deste ben inmaterial. Paco Martín e Isidro Novo, xunto coa escritora María Reimóndez relataron a súa experiencia vital no territorio lucense desde a perspectiva de tres xeracións distintas que compartiron un mesmo espazo.

E na última palestra, moderada por Xurxo Souto, versaron sobre o territorio na literatura Pilar García Negro e Adela Figueroa Panisse. Rosalía de Castro, Otero Pedraio, Carvalho Calero, Luis Pimentel, Manuel María, Castelao ou Anxel Fole foron, segundo Pilar García Negro, autores que constribuíron especialmente a retratar a cidade de Lugo.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS