Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

A OPINIÓN

A razón de que rexeite o premio Faro Neria

19.03.2011 

5.0/5 [4 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MIRO VILLAR

Señor. D. Xan García Pouso

Secretario da Asociación

NERIA Costa da Morte

CEE (A Coruña)

Cee, 18 de marzo do 2011

Benquerido amigo:

Antes de máis, desexo que lle transmitas o meu agradecemento a todos os compoñentes do xurado que me concedeu a distinción do Faro Nerio, coa que a Asociación Neria quere recoñecer traxectorias persoais ou empresariais que teñen como norte a defensa e a promoción da Costa da Morte. Supoño que nesa decisión influíu o feito de que a miña obra, tanto de creación como de estudos e de investigación literaria, estea inzada de aspectos relacionados coa nosa comarca e desta querenza polo noso territorio tamén foi testemuña o público que puido escoitarme en recitais, conferencias ou palestras celebradas en moitos lugares da xeografía galega, mais tamén nas Universidades Autónoma de Madrid, Autónoma de Barcelona, Coímbra e Lisboa (Portugal), Cork (Irlanda), La Sapienza de Roma (Italia) ou La Valleta (Malta), ou nos centros galegos de Madrid, Barcelona, Xenebra e Basilea.

Porén, quero comunicarche a miña decisión irrevogable de rexeitar esta distinción do Faro Nerio, por mor dos últimos acontecementos que afectaron á vida pública na Costa da Morte. Esta meditada decisión, que poño en coñecemento dos medios de comunicación, é bastante dolorosa porque o presidente da vosa entidade foi compañeiro meu de andaina escolar e teño unha inmensa estima e unha alta valoración do seu labor no mundo da medicina e na investigación científica.

A miña concepción persoal alicérzase na ética que debe ter a política como servizo público, pois a palabra grega "polítikos" fala do ordenamento da cidade e da cidadanía. Por esta razón nunca se pode admitir a invocación da "presunción de inocencia" para defender a responsables públicos que ocultan información e carecen de transparencia no seu comportamento e na súa acción de goberno. A responsabilidade política ten que pasar necesariamente pola dimisión perante tan graves imputacións que corrompen o funcionamento das Administraciones Públicas. Por desgraza, isto sucede poucas veces e son moitos os que non asumen responsabilidades provocando o desafecto da cidadanía cara á política, cando tamén hai outros moitos políticos que poden presumir de franqueza e honestidade.

Velaí pois os argumentos que me levan ao rexeitamento do premio Faro Nerio e mesmo quixera tamén facer a proposta de que na próxima convocatoria sexa premiado o maxistrado muradán Andrés Lago Louro polo seu infatigable labor de loita contra a corrupción nas institucións e a favor da transparencia demo- crática.

En definitiva, amigo Xan García Pouso, espero que saibas/saibades comprender a miña decisión e estou ben certo de que nos habemos atopar moitas outras veces nese labor de defensa e da promoción da nosa Costa da Morte.

Unha aperta cordial.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS