Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 18.05.2013  | Actualizado 11.27

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Maré

historia

A resistencia do 68

Areces salienta o libro "Inmunda Escoria" do profesor Ricardo Gurriarán como un "testemuño obxectivo dun pasado próximo, difícil e real"

O reitor da USC, Senén Barro, pola esquerda, Víctor Santidrián, Ricardo Gurriarán e Vicente Álvarez Areces - FOTO: Lavandeira j.r./EFE
O reitor da USC, Senén Barro, pola esquerda, Víctor Santidrián, Ricardo Gurriarán e Vicente Álvarez Areces - FOTO: Lavandeira j.r./EFE

E. P. . OVIEDO   | 08.04.2010 
A- A+

O presidente do Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces, encomiou onte en Santiago de Compostela o libro Inmunda Escoria do profesor e historiador Ricardo Gurriarán, que describiu como "un testemuño obxectivo dun pasado próximo, difícil e real". O texto narra a historia da Universidade española e da Universidade de Santiago durante a ditadura franquista.

O libro foi presentado no Colexio Fonseca, nun acto ó que asistiron o reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado e o autor, entre outras personalidades.

Na súa intervención, o presidente do Goberno asturiano destacou a capacidade narrativa e de condensación de Gurriarán e criticou "o despropósito e a violencia represiva que presidían as decisións da Ditadura".

Álvarez Areces fixo ademais un repaso polos episodios do 68 santiagués, así como polas diferentes estratexias de resistencia fronte ó Réxime das organizacións políticas universitarias.

Recordou que participou durante os anos 66 e 67 na articulación de novas canles para reivindicar a participación estudantil democrática na vida universitaria e dixo que durante aquel curso se estendeu a contestación organizada. "Demostramos que tiñamos unhas inquietudes máis amplas que as simplemente académicas", subliñou o presidente do Goberno asturiano.

Así mesmo, agradeceu o apoio que a sociedade galega e a cidade compostelá lles brindaron ós estudantes durante a folga e o peche da primavera do 68. "Felicítoo por este libro que fala da Universidade de Santiago e, sobre todo, dunha historia colectiva e valente para gañar unha sociedade libre e de progreso científico e social", concluíu.

Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968 foi o titular co que un xornal caracterizou os estudantes universitarios antifranquistas en 1968. O libro nace da exposición que a Fundación 10 de Marzo lle encargou a Ricardo Gurriarán para conmemorar os corenta anos do marzo santiagués de 1968.

 

DOCENTE

O historiador Ricardo Gurriarán (O Barco de Valdeorras, 1953) é licenciado en Educación Física (INEF) pola Universidade Politécnica de Madrid e desenvolve o seu labor docente no IES A. Xelmírez I de Santiago de Compostela desde o ano 1977.

 

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS