Mércores 08.09.2010  | Actualizado 17.28      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

patrimonio

O retablo maior das Ánimas recupera a cor

02.02.2010 Hoxe presentarase o resultado dos traballos de restauración, iniciados en xullo

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

Esta mañá, a partir das 11.30 horas, presentarase ao público a restauración do retablo maior da capela das Ánimas. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva Prieto, asistirán a este acto.

A igrexa das Ánimas conta con nove retablos que representan a Paixón, Morte e Resurrección de Cristo. Creáronse a principios do século XIX: exactamente, entre os anos 1804 e 1814. O seu autor foi Manuel de Prado, irmán do arquitecto da igrexa das Ánimas, Melchor de Prado. E teñen a particularidade de que, para facelos, utilizou unha técnica típica de Italia, que nunca antes se utilizara en España.

Trátase dun método que foi moi empregado polos antigos romanos, e que se recuperou posteriormente no Renacemento e no Neoclasicismo. Consiste en crear escenografías no alto relevo de estuco de xeso aplicado sobre estruturas de ladrillo para policromalas.

Co paso do tempo, o efecto da humidade da igrexa das Ánimas e o fume das velas dos fieis quedaron totalmente deteriorados e de cor gris, polo que en 2007 activouse un plan global para devolverlles o seu esplendor. Hoxe preséntase a restauración do retablo maior, que representa a Crucifixión de Cristo. É o máis espectacular do conxunto polas súas dimensións (ten 14 metros de altura), e por ocupar o lugar central da igrexa. Os restauradores traballan nel desde o pasado mes de xullo. A responsable dos traballos, Ángeles Fernández, explicará neste acto todos os pasos que se deron. Acompañaraa unha representante de Alfagía, a empresa que dirixe os labores desta recuperación.

Este é o segundo retablo restaurado que se presenta en público. O primeiro foi o que mostra a escena da Cruz ao lombo, que se presentou o pasado mes de abril, durante a Semana Santa. Era o que estaba en peor estado, e os resultados sorprenderon a todos, xa que ademais da rehabilitación material das figuras recuperouse a súa policromía orixinal.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS