Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

maré hoxe

Del Riego, o noso faro

Patriota, loitador, bo e xeneroso, faro da cultura galega, referente esencial da Galicia contemporánea e incorruptible nacionalista. Estes cualificativos son soamente unha pequena mostra do interminable inventario de adxectivos dirixidos onte pola noite, desde un sentimento de profunda admiración, en memoria de Francisco Fernández del Riego, Don Paco, durante un acto de homenaxe organizado pola Fundación Penzol e mais pola Editorial Galaxia no centro social Novacaixagalicia da cidade de Vigo

MAITE GIMENO   | 15.01.2011 
A- A+

AXENCIAS
Alfonso Zulueta de Haz, esquerda, con Víctor Freixanes, Benxamín Casal e Xosé Luís Méndez Ferrín
FOTO: AXENCIAS

As máis de 300 personalidades da cultura galega, así como o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, o alcalde de Vigo, Abel Caballero e Víctor Freixanes deixaron claro que o acto non era para "despedir unha vida" senón para "celebrar unha vida". A entrega "entusiasta" de Del Riego á causa de Galicia foi destacada polo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares. Afirmou que don Paco pertence á estirpe dos "bos e xenerosos", bos de espírito e xeneroso por acreditar a súa capacidade para dotar a Galicia de conciencia "de seu". Ó apuntar a súa acción política a través da cultura, asegurou que "nunca deixou de pensar que tiña unha misión por cumprir en Galicia desde a guerra civil". Acto seguido, apuntou que "como político e dinamizador foi un faro de forma constante nas luces da cultura", afirmou antes de que o presidente da Real Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, destacase a súa "entrega" á nación galega. Para o presidente da Asociación Galega de Editores, Manuel Bragado, don Paco é unha "das chaves máis valiosas do proxecto político galeguista. Representou ese proxecto de reconstrución da patria galega. Afirmou que Del Riego foi máis que un editor, estudoso ou polígrafo, "un patriota que encabezou durante décadas un partido que asume a loita pola causa da nación dos galegos..

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS