Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 27.01.2020 Actualizado 20:37
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

na unesco

Rivas celebrará en Bruxelas o Día das Linguas Maternas

Serán os vindeiros días 7 e 8 deste mes

REDACCIÓN   | 05.02.2011 
A- A+

O escritor galego Manuel Rivas e o vasco Kirmen Uribe celebrarán o Día Mundial das Linguas Maternos da Unesco en Bruxelas. Así o informa Xerais, editorial que publica obras de ambos os autores que foron convidados a participar nestes actos que terán lugar na sala dos Dereitos Humanos en Bruxelas (unha cúpula de Miquel Barceló) os días 7 e 8 de febreiro. Alí impartirán cadanseu recital poético nas súas respectivas linguas maternas, galego e eúscaro, con acompañamento musical. Ademais, a editorial brasileira Tinta Negra acaba de publicar Que me queres, amor?, de Manuel Rivas, o primeiro chanzo para a publicación da obra completa de Rivas.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS