Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

o camiño até o sónar

Selectronic.gal

17.06.2010  Editan a primeira guía dos seareiros da electrónica galega que ofrece un panorama da súa evolución até a actualidade, cunha escena "consolidada" e "diversa"

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

V. OLIVEIRA . COMPOSTELA

Carlos Amado é o coordinador deste volume no que recolle a evolución da música electrónica galega FOTO: AXENCIAS
Carlos Amado é o coordinador deste volume no que recolle a evolución da música electrónica galega
FOTO: AXENCIAS

Selectronic.gal, guía dos seareiros da electrónica galega. Baixo este epígrafe presentouse onte no Sónar un libro que ofrece un panorama da evolución desta forma de creación musical. O volume está coordinado polo crítico musical e colaborador de GALICIA HOXE, Carlos Amado, que define o seu traballo como "unha crónica emotiva na que se salienta a procura sublime destes creadores".

Editada polo Xacobeo, esta guía enche un baleiro bibliográfico sobre esta música no momento de maior expansión da electrónica do país. De feito, o Sónar que hoxe arrinca na Coruña, ao ver de Carlos Amado, suporá "a consolidación da escena galega, grazas á variedade de propostas que teñen que ofrecer".

Selectronic.gal deixa claro que a historia da música electrónica no país é un fenómeno recente, xa que a psicodelia chegou ao país nas últimas décadas do século pasado, sobre todo, dende os anos setenta. Os primeiros ecos desta música chegaron a través dos emigrantes galegos. "Vivímolo como algo normal naquela sociedade tardofranquista", apunta Amado. Pero foi nos oitenta cando a Movida viguesa se converteu no "epicentro dunha xeración creativa", grazas ás achegas ó pop galego de Antón Reixa e Os Resentidos, Aerolíneas Federales ou Radio Océano. Aínda que a "feitura" electrónica deu os primeiros pasos en Galicia grazas á música clásica contemporánea, da man de creadores como Manel Rodeiro e Enrique Macías que, segundo Amado, marcaron "unha nova era de composición electrónica".

No círculo dos clubs de ambiente homosexual da cidade olívica xorden "espelidos" picadiscos como dj Tito, Fernando Collazo, dj Juani Whooper ou Doc Manhattan. Pero non só Vigo se converteu nun foco para esta música que se foi expandindo pouco a pouco por toda Galicia. A finais do século pasado, "Galicia estréase como foco da actividade produtiva electrónica", cos primeiros "techno másters e cantautores electrónicos autóctonos" como Arturo Vaquero, Carlos Ordóñez ou EstereOcéano.

No ámbito da experimentación, Amado salienta as achegas da Poética Electrónica -grazas a Rodeiro- e a arte sonora galega do proxecto que Inmaculada Cárdenas presentou xunto a Espacio Permeable, o Concerto para Esculturas Sonoras.

 

"Normalizouse a escena, o que repercute na creatividade"

O novo século trouxo maior diversidade para a electrónica, cunha consolidación e vertebración produtiva arredor de citas como Sinsal Audio ou o IFI da Facultade de Belas Artes en Pontevedra. Nestes últimos dez anos, en Galicia, este tipo de música comeza a acadar "un estado de normalización moi importante para a súa saúde que repercute na creatividade". Superpóñense os principais estilos da música "dance, techno, electro, house ou minimal" e conviven con estilos máis minoritarios, experimentais ou electrónicos.

Na actualidade, A Regueifa Plataforma convértese no "referente compostelán da edición libre", grazas ó seu apoio dun catálgo de propostas do pop electrónico como Fanny e Alexander, Projecto Mourente, Grotesque, Colectivo Oruga ou Ataque Escampe. "Actualmente, grazas a internet, resulta máis fácil atoparse con selos e editoras que difunden este tipo de música, co cal poden ter máis repercusión e chegar a máis xente", apunta Amado, que inclúe ao final da obra unha lista de locais da escena electrónica que se sitúan no Camiño.

 

OS ESTILOS

Busca de "novas fórmulas musicais"

A idea desta guía xurdiu, segundo conta o crítico musical, do traballo que leva publicando en GALICIA HOXE dende o ano 2009. "Ter feito as visións de moitos dos músicos que traballan coa electrónica en Galicia facilitoume moito o traballo", apunta. O obxectivo do libro é, segundo indica, o de servir como texto "informativo", por iso coida que está feita dende a "imparcialidade" e que tenta "poñer en valor as persoas implicadas". "O que máis admiro da xente que traballa na electrónica en Galicia é a súa variedade e capacidade de buscar novas fórmulas musicais", asegura. Carlos Amado é autor dos textos xunto a Soedade Noia mentres que do deseño da obra se ocupou Signum.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS