Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 15.11.2018 Actualizado 14:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

memoria

Seminario de Nova Escola no Bierzo sobre a guerrilla de Galicia e León

Participará o fuxido "Quico"

MARÉ   | 30.04.2011 
A- A+

Os Guerrilleiros na vía láctea galaico-berciana é o título do seminario que Nova Escola Galega desenvolverá entre o tres e o cinco de maio en Lugo e no Bierzo. O seminario inclúe un traballo de campo en Ferradillo e Medulas con profesores e a participación do guerrilleiro natural de Cabanas, Francisco Martínez López Quico, que guiará un percorrido por algunhas das sendas que seguiu xunto ó mítico Girón.

O día tres, o seminario inaugúrase en Lugo e durante o sábado 4 comezará o seu desenvolvemento no Bierzo. Primeiro coa visita a Ferradillo en compañía de Quico, e o profesor Xaquín Yebra. A expedición visitará os espazos vitais da guerrilla de Girón nesta paraxe onde naceu a guerrilla Galicia-León en 1942.

Durante a tarde do sábado en Cabanas desenvolverase o coloquio Os Guerrilleiros galego-bercianos e proxectaranse os documentais A partida de Girón e A Guerrilla da Memoria, producida por Montxo Armendáriz.

O domingo 5, o traballo de campo trasládase a Medulas, unha vía de escape e de enfrontamento. Tamén aquí se desenvolverá unha comida de campo.

O programa completo do seminario e a forma de inscrición aparece detallada na páxina de Nova Escola Galega.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS