Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 02.04.2020 Actualizado 14:36
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

EScrita

Silvia Álvatez gaña o "Microcontos" do Pen

O galardón está organizado polo club que preside Tosar e o gratuíto LV

REDACCIÓN   | 22.12.2010 
A- A+

No ventre morno do río, unha crúa historia de Silvia Álvarez que agocha moitos segredos, resultou o relato gañador do primeiro premio do certame de Minicontos de Outono, que promoveron o Centro Pen de Galicia e LV De Luns a Venres e que está dotado con 600 euros libres de impostos.

O segundo premio, que ten unha dotación de 300 euros, recaeu en Controladores e calendarios, un texto do mestre pontevedrés José de la Torre Culler que aborda unha temática tan de actualidade como é o recente caos aeroportuario vivido en España. Finalmente, un orixinal e arriscado microtexto de Eugenio M. Alonso, Calcio, foi merecedor do terceiro premio, que está recompensado con 100 euros. Ademais, as tres pezas recoñecidas serán publicadas nas edicións, tanto impresa como dixital, deste xornal.

O xurado do certame, que se reuníu o venres en Compostela no Centro PEN de Galicia, que preside Luís González Tosar, estivo composto por Santiago Jaureguizar, Bieito Iglesias, Rexina Vega, Daniela Sotgiu, Xabier Castro, Diego de Cora e Juan Méndez.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS