Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 05.12.2019 Actualizado 21:11
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

idioma

Os sinais da opresión

Democracia Real Xa converte o galego na súa lingua oficial como recoñecemento da súa situación desvalida fronte á prepotencia da banca, "que sempre fala en castelán"

MARÉ . SANTIAGO   | 25.05.2011 
A- A+

AXENCIAS
Unha das pancartas reivindicativas que se pegaron ao chan na Praza do Obradoiro, en Compostela
FOTO: AXENCIAS

Un dos primeiros debates que abordaron os participantes de Democracia Real Xa foi cal sería a súa lingua oficial e, tras unha serie de argumentacións, tomaron a decisión de elixir o galego. Foi unha decisión que, en principio, motivou unha ampla discusión porque boa parte dos adheridos a este movemento que sacudiu a pasada campaña electoral son castelán falantes, uns galegos pero tamén numerosos emigrantes, na súa maioría hispanoamercianos.

E se a decisión se inclinou finalmente para o galego foi porque este idioma está, a xuízo dos participantes, nunha situación semellante á deles e as reivin-dicacións de democracia para o país coinciden -apuntaban- coas que reclaman para o idioma.

Unha razóns clave para optar polo galego foi que a banca -identicada por Democracia Xa como o inimigo número un da liberdade- fala maioritariamente castelán e ese idioma é o seu principal sinal de indentidade lingüística.

De feito, nalgunhas das parodias que se fixeron na concentración de Compostela -a máis numerosa do país- tiña como protagonista os banqueiros e sempre falaban en castelán, aludindo ademais a que non falaban galego -malia ser de Galiza- porque non lles apetecía.

Neses debates da plataforma, había igualmente activistas que defendían o uso do castelán e barallaban argumentos semellantes aos que o Parrido Popular (PP) utilizou para xustificar o seu polémico Decreto do Plurilingüismo: que o galego se impoñía. Pero pronto, no razoamento das súas respectivas posturas, caeron na conta -segundo subliñaron os propios membros da plataforma- de que ese argumento non respondía á realidade e relacionaron a postura da Xunta de Galicia co dogmatismo que utiliza a patroal para recortar os dereitos laborais dos traballadores -ou mandalo ao paro- coa xustificación de que é beneficioso para a recuperación económica.

Con todo, o castelán está a ser unha lingua de gran presenza nas asembleas de Democarcia Xa no Obradoiro, en certo modo como expresión do idioma propio do nutrido grupo de emigrantes adeheridos pero, tamén, segundo os seus membros, como signo de que a liberdade do movemento está viva, aínda que o galego sexa a lingua oficial.

 

 

DATOS

Das grandes áreas onde o galego nunca logrou unha mínima normalización foron a Xustiza e mais a banca. E iso é, precisamente, o que agora lles permite identificar aos indignados a lingua de opresión.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS