Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 10.12.2018 Actualizado 21:09
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

concerto

A Sinfónica estrea hoxe "Amor vedado" de Andrés Gaos

·· No Pazo da Ópera da Coruña

E.P.   | 08.10.2009 
A- A+

A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) estreará hoxe ás 20:30 horas no Pazo da Ópera da Coruña a ópera Amor vedado, do compositor galego Andrés Gaos, no ano que se cumpre o medio século do seu falecemento. Baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez, a Sinfónica de Galicia contará nesta ocasión para a súa representación coas voces da soprano Marta Matheu, o tenor Albert Montserrat e o barítono José Antonio López. O Coro da OSG, que dirixe Joan Company, completará o apartado vocal. Subtitulada Opera arxentina nun acto en sete escenas, Amor vedado supuxo a única incursión do seu autor no mundo operístico, aínda que nunca chegou a estreala.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS