![]() O escritor Henning Mankell, pola esquerda, o director do IES Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, e a escritora Inma López Silva
FOTO: Jessica Barcala/AGN |
Compostela converteuse onte en capital das letras grazas ós alumnos e profesores do instituto Rosalía de Castro, que compartiron co escritor sueco Henning Mankell a súa paixón pola literatura e a súa admiración por García Lorca, cuxa visita en 1932 á capital galega se recorda xa cunha placa na fachada do centro. O novelista e dramaturgo sueco viaxou a Santiago para recoller o seu XV Premio San Clemente, que como xa vén sendo tradicional, tivo lugar no transcurso dun encontro con estudantes galegos de segundo de Bacharelato, os mesmos que o ano pasado elixiron o seu libro, El chino, por encima de Chesil Beach, de Ian McEwan, e Tren nocturno a Lisboa, de Pascal Mercier.
Acompañado por outra das galardoadas nesa edición, a escritora Inma López Silva, Mankell sorprendeu nas súas interlocutores falando nun perfecto galego portugués no que confesou a súa satisfacción por estar en Compostela e recoger un galardón outorgado por mozos lectores.
Neste sentido, o director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, recordó que "Mankell non puido estar presente no seu día para recoller o premio junto a López Silva e Martínez de Pisón e prometeu facelo tan pronto como lle foise posible". Fíxoo agora, en maio, o mes no que o centro educativo se centrou recordando a estancia de García Lorca en Santiago nunha homenaxe á que tamén quixo o sumarse o novelista sueco. "Son un admirador seu", sinalou, "e coma el, son un gran defensor do teatro". Neste sentido, Rueda recordou que "Mankell representou en Mozambique La casa de Bernarda Alba e como o granadino, se expresa en galego e quedou fascinado pola cidade". Mankell falou de literatura, dos seus libros, do personaxe do inspector Wallander que o fixo famoso e dos seus proxectos máis inmediatos, entre eles un documental sobre o cineasta Ingmar Bergman, pai da súa muller. Pero tamén falou de política, da súa defensa da causa palestina e o seu compromiso coa Flotilla da Liberdade, da situación que se vive en África, en Europa e en Exipto, e da posición mundial que ocupa actualmente China.
"Quero contar moitas historias"
Mankell falou de todo o que lle preocupa, como o paro e a inmigración, e da súa responsabilidade como intelectual, pero tamén da súa forma de escribir e da súa paixón polo teatro, do silencioso traballo que fan os tradutores cos seus libros e sobre todo, da importancia de "desfrutar co que se está facendo". Mankell pensa xubilar a Wallander porque "a vida é moi curta e hai moitas historias que quero contar".