Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 28.06.2017 Actualizado 20:36
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Maré

Tesouros da Humanidade na exposición "Patrimonio natural"

REDACCIÓN  | 08.06.2011 
A- A+

O Museo do Pobo Galego acolle, dende hoxe ata o 26 de xuño, a primeira montaxe da exposición fotográfica itinerante Patrimonio natural. Trátase dunha mostra de máis de 100 fotografías onde se descubren os tesouros naturais das trece Cidades Patrimonio da Humanidade de España. As imaxes correspondentes a Santiago pertencen a Fuco Reyes, e os textos que as acompañan á escritora e bióloga Marilar Aleixandre. A mostra tivo como orixe o libro-DVD Patrimonio natural: Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España, editado no 2010 polo Grupo de Cidades Patrimonio e Alvarellos Editora.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS