Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 09.12.2019 Actualizado 23:52
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

galardón

"Todo é silencio", de Manuel Rivas, finalista do premio Casino

O escritor galego compite con outros catro autores, Emma Donoghue, Herman Koch, Giovanni Carofiglio e Ricardo Menéndez Salmón

EUROPA PRESS   | 04.03.2011 
A- A+

AXENCIAS
Imaxe da presentación, onte, dos nomes dos finalistas do premio
FOTO: AXENCIAS

Manuel Rivas, con Todo é silencio, e o asturiano Ricardo Menéndez Salmón, con A luz é máis antiga que o amor, atópanse entre os finalistas da IX Edición do Premio de Novela Europea Casino de Santiago, que se elixirá de entre cinco libros publicados en 2010 de autores europeos .

O resto das novelas que competirán polo premio son O cuarto, da irlandesa Emma Donoghue -baseada no austríaco Josef Fritzl, chamado o monstro de Amstetten, que secuestrou e violou a súa filla durante máis de dúas décadas-, A cea, de Herman Koch, que traslada a Holanda o caso dos mozos que queimaron viva unha indixente en Barcelona e reflexionar acerca da sociedade dos Países Baixos, As perfeccións provisionais, do italiano Giovanni Carofiglio, un híbrido de novela negra e novela xudicial.

Todo é silencio, ambientada nunha vila ficticia, situada na costa galega, retrata o mundo do tráfico nas rías galaicas durante o franquismo e a democracia, nun principio mediante o contrabando de tabaco e máis tarde de cocaína. Por último, a novela A luz é máis antiga que o amor, do autor asturiano Ricardo Menéndez Salmón, explora as relacións entre a arte e o poder a través das historias de tres pintores. O vicepresidente do Casino de Santiago, Ubaldo Rueda, agradeceu a axuda, "nun contexto de crise", que achegou a sociedade anónima El Corte Inglés, que patrocina o concurso e presta as súas instalacións en Santiago para situar os colectores que recibirán os votos dos composteláns.

Resaltou tamén que a publicación en galego dos libros gañadores se realiza grazas a un convenio co Concello de Santiago.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS