Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 11.12.2017
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Maré

Obra

Un volume en inglés reúne até 300 textos da literatura galega

De Castelao, Dieste ou Rosalía

REDACCIÓN   | 29.10.2010 
A- A+

Breogán"s Lighthouse: An Anthology of Galician Literature (O faro de Breogán: Unha Antoloxía da Literatura Galega) é a antoloxía en inglés sobre as letras do país, que recolle preto de 300 textos en galego e inglés e conta cunha introdución do profesor Luciano Rodríguez e un ensaio do académico Manuel González.

A obra recolle, segundo indica na presentación editorial, a "florecente literatura da época medieval", así como a escasa produción durante os Séculos Escuros até a súa recuperación no XIX. A selección inclúe textos de A Gaita Gallega, a colección seminal de Xoán Manuel Pintos, e as obras de Rosalía de Castro (Cantares Gallegos), Eduardo Pondal, Manuel Curros Enríquez, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Alfonso Rodríguez Castelao ou Rafael Dieste.

Tamén inclúe a produción de literatura galega no exilio tras a guerra civil así como a escrita dos séculos XX e XXI, "cando a lingua e a literatura galegas adquiriu unha nova confianza". O volume conta co financiamento da Xunta de Galicia e do Centro Ramón Piñeiro e ten o apoio do Amergin University Institute for Irish Studies da Universidade de Coruña.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS