Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

lingua

A unión fai a forza

28.02.2011  Once asociacións fundan unha plataforma para instar o goberno de Castela e León para que protexa o galego e o leonés no seu territorio

4.0/5 [4 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

Xabier Lago, o voceiro de Fala Ceibe, estará mañá na Coruña para falar nun ciclo da asociación O Facho  FOTO: AXENCIAS
Xabier Lago, o voceiro de Fala Ceibe, estará mañá na Coruña para falar nun ciclo da asociación O Facho
FOTO: AXENCIAS

Once asociacións culturais das provincias de León, Zamora e Salamanca dedicadas á defensa leonés e do galego constituíron a Plataforma en Defensa do Leonés e do Galego en Castela e León. No manifesto que difundiron, lembran que o Estatuto de Autonomía desta comunidade establece a protección de ambas as linguas. Con todo, "a Xunta de Castela e León incumpriu de maneira absoluta nesta cuestión tanto o Estatuto como o resto de normas xurídicas que tutelan o leonés e o galego, que son a Constitución Española, a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa e a Lei de Patrimonio Cultural de Castela e León", denuncian.

As propias Cortes de Castela e León instaron a Junta de Castela e León a impulsar o leonés. Á súa vez, varios colectivos como Fala Ceibe, e o Parlamento de Galicia, pediron protección repetidamente para a lingua galega no Bierzo. Así, as asociacións asinantes piden o desenvolvemento legal dos artigos 5.2 e 5.3 do Estatuto de Autonomía de Castela e León, a creación dun órgano administrativo autonómico encargado das tarefas de protección e promoción do leonés e o galego, a promoción con campañas e co fomento do contacto cultural, a introdución da aprendizaxe do leonés e o galego no ensino "regulado dunha forma adecuada", a recuperación da toponimia autóctona e o apoio da creación cultural e literaria en leonés e en galego.

MAÑÁ

Fala Ceibe nun ciclo d"O Facho

Asinan o manifesto Furmientu, Xente Nova, Buraco, Campo Aliste, Agora País Llionés, Asociación Ciudadanos del Reino de León, Documentación y Estudio de El Rebollar, Facendera pola Llengua, El Teixu, La Caleya e Fala Ceibe. Mañá, o voceiro de Fala Ceibe, Xabier Lago, falará ás 7:30 na Fundación Caixa Galicia no ciclo, Língua, Literatura e Naçom da asociación cultural O Facho. O título da súa intervención é A Cultura galega na Regiom do Berzo - Os processos de Resistência lingüística estremeira.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS