Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

memoria

"Vermellas. Chamábanlles rojas" chega a Vigo

28.02.2011  A exposición, inaugurada no 2009, pon rostro e nome ás mulleres represaliadas no franquismo, a través de documentos de "Nomes e Voces"

5.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

Mulleres no cárcere das Ventas (fondo Camilo de Dios) FOTO: AXENCIAS
Mulleres no cárcere das Ventas (fondo Camilo de Dios)
FOTO: AXENCIAS

A Casa das Artes de Vigo acolle ata o 20 de marzo a exposición VERMELLAS. Chamábanlles rojas, que pon nome e rostro ás mulleres represaliadas en Galicia tras o golpe de Estado de 1936.

Na mostra, organizada pola Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, achega a súa visión sobre as mulleres que padeceron esta represión un grupo de traballo formado por Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco, Andrés Domínguez, Gustavo Hervella, Chus Martínez, Antonio Somoza e o Proxecto "As vítimas, as voces, os nomes e os lugares". Os investigadores deste equipo achegan os datos históricos á exposición; conclúen que foron 397 as galegas que sufriron humillacións

e vexacións, perderon seres queridos, cumpriron penas de cárcere ou foron asasinadas.

En diferentes paneis, pódense ver fotos das mulleres que padeceron o terror, un mapa dos lugares da represión da muller en Galicia -onde destacan polo seu número de represaliadas Coruña e Vigo e con maior represión, con resultado de morte, A Coruña, Vigo e Ferrol- ou proxéctase o vídeo da visita do presidente da República, Alcalá Zamora á Coruña en 1934 pertencente ó Fondo da familia Suárez Ferrín.

As mulleres foronsancionadas, enxuízadas, postas ante pelotóns de fusilamento, atopadas tiroteadas nas cunetas ou desaparecidas; outras rapadas e purgadas nun contexto de abusos e escarnio dos vencedores. Pero a exposición tamén mostra mulleres capaces de rebelarse contra a pretendida vergoña social, que mostran publicamente a súa cabeza pelada.

Inclúe documentación literaria, autoría de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco, e complétase ca música dun grupo de novos e novas intérpretes que colaboraron na gravación dun CD dedicado ás vítimas da represión franquista, e cuns gravados de Sara Lamas. A mostra foi inaugurada no 2009, e agora acóllea o Concello de Vigo con motivo do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS