Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 13.12.2017 Actualizado 17:49
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Maré

itorial

A vía british

Unha tradución da poesía galega até 1981, realizada Jonathan Dunne, abre novas vías de contacto coa Literatura

MARÉR. SANTIAGO   | 06.06.2010 
A- A+

Manolo Bragado (esquerda) con Roberto Varela e Víctor F. Freixanes durante a presentación da antoloxía onte en Compostela

Unha antoloxía da poesía galega traducida ao inglés por Jonathan Dunne, e presentada onte en Compostela, consolida a tímida penetración da Literatura nacional no mercado anglosaxón, onde recentemente o escritor Manolo Rivas -tamén traducido por Dunne- conseguiu un sonoro éxito con Os libros arden mal.

O voume, en edición galego-inglés, foi presentado onte en Compostela polas dúas editoriais que impulsaron o proxecto, Galaxia e Xerais, e mais polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela, que definiu a antoloxía como "un paso esencial cara á internacionalización". Son, en total, 55 textos pertencentes a 40 autores que foron seleccionados por cincuenta críticos literarios, nunha obra que conta, ademais, con máis de cen colabroadores. Todos os textos están encadrados cronoloxicamente entre 1961 e o 1981, ano de aprobación do Estatuto de Autonomía. O volume vai precedido dunha introdución elaborada polo propio Jonathan Dunne, na que se informa moi sisteticamente da historia desta literatura, así como se amosan os criterios de edición organizados por épocas e representativos dos diferentes xéneros literarios. A esta obra sumarase unha segunda parte en 2012 que recollerá escritos das tres últimas décadas.

Varela remarcou a necesidade de apoiar a tradución da obra galega á "lingua vehicular e de acceso á cultura que é a inglesa", xa que segundo resaltou, "só hai uns 30 títulos" traducidos a este idioma, entre os que se atopan seis obras de Manuel Rivas, así como libros de Suso de Toro ou Alfredo Conde.

Neste sentido, o conselleiro destacou como unha prioridade dar a coñecer a literatura galega "no mundo", co obxectivo de "conseguir introducir o lector non especialista". Unha intención á que sumou a necesidade de "facer o mesmo coas artes plásticas".

Nesta obra recóllense textos ensaísticos, de ficción, poesía e teatro, entre os que se atopan textos de Sempre en Galiza de Castelao, Cantares galegos de Rosalía, así como de Méndez Ferrín, Cunqueiro, Ánxel Fole, Martin Codax ou o último autor homenaxeado nas Letras Galegas, Uxío Novoneyra.

Neste proxecto colaboran conxuntamente as editoriais Galaxia e Xerais que farán chegar a máis de 3.000 centros de diversos ámbitos de todo o mundo como universidades, centros de estudos, bibliotecas ou feiras internacions.

Neste sentido, o director xeral de Edicións Xerais, Manuel Bragado, resaltou como "un fito histórico" este proxecto que remarcou como un proxecto de "indubidable transcendencia" para a promoción da literatura galega. Bragado apuntou que existen "poucos precedentes de esforzo deste tipo", que ao seu xuízo responden a un exercicio de "autoestima e responsabilidade".

Pola súa banda, o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, sinalou como "unha aposta estratéxica de futuro" esta iniciativa, e valorou o feito de que Galicia xa sexa recoñecida a nivel mundial por parte doutras literaturas. "Non somos un país de segunda división", resaltou Freixanes sobre a realidade da cultura galega.

Jonnathan Dunne, que onte non puido estar presente na roda de prensa, mostrou --a través dunha carta lida por Manuel Bragado-- o seu "orgullo" por participar neste proxecto. Segundo subliñou "xa era hora" de que Galicia tivese á súa disposición "unha tradución literaria digna dalgúns dos seus autores máis importantes".

Xunto a isto, expresou que os libros "sempre deben ir un pouco contra corrente", e ao seu xuízo, "mostran o lado bo do ser humano", así como "a súa incansable fe e vontade de ser mellor".

EPIGRAFE

Abrindo o camiño

Nos últimos anos, non cabe dúbida de que os escritores galegos encontraron un oco nos mercados editoriais europeos, sobre todo a través de Manuel Rivas, Alfredo Conde -cun amplo abano de lectores en Rusia- ou Suso de Toro.

Neste reto, o labor de Jonathan Dunne é crucial. Editor, ensaísta, e autor de libros como Even though that, Dunne é tradutor ao inglés de libros de Manuel Rivas ou Enrique Vila-Matas. Estudou filoloxía inglesa na Universidade de Oxford e pasou máis dun lustro en terras galegas.

Porén, está tríada de narradores non os únicos que van abrindo un camiño non sempre fácil. Desde a poesía, é subliñable o eco obtido por un dos poemarios clave da poesía galega dos anos noventa, m-Talá, de Chus Pato, traducido a finais do pasado ano. Tamén recentemente se presentou na Gran Bretaña a tradución de María do Cebreiro.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS