Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 15.11.2018 Actualizado 14:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

efemérede

Vigo lembra os mártires da Praza do Sol o 20 de xullo

O primeiro choque deixou 20 fusilados

. R.V.F.   | 18.07.2006 
A- A+

Representantes de colectivos afíns á instauración da República presentaron onte en Vigo a homenaxe ós republicanos mortos durante o chamado Levantamento Nacional de 1936, un acto que se celebrará este xoves na Praza da Princesa para reivindicar a memoria histórica. O presidente do Foro pola Memoria Republicana de Galicia, Xesús Alonso Montero , explicou en rolda de prensa que a homenaxe prevista pretende devolver a "dignidade" ós máis de 20 vigueses que perderon a vida na Porta do Sol o 20 de xullo de 1936, cando os militares se dispuñan a ler o bando nacional.

"Será unha homenaxe ás vítimas e que seguen sendo os nosos camaradas", sinalou o republicano, quen lembrou que nesa xornada fatídica resultaron feridos medio cento de persoas, cuxas tendencias ideolóxicas eran de esquerdas, anarquistas, comunistas ou antimonárquicos.

Ese día foron abatidos, entre outros, o mozo Lenin Moreda Vázquez e Diego Lence, cando tentaron arrebatar ese bando nacional. Os disparos dese día pódense observar aínda hoxe na parede do antigo Banco Hispano Americano, onde o xoves se colocará unha placa de madeira a modo de homenaxe. A placa refírese a "todas as persoas que nesta praza foron asasinadas por tratar de impedir a sublevación militar contra o Goberno da República. Eles eran a dignidade". Alonso Montero tamén criticou a actitude demostrada polo PP no Congreso ó votar en contra da declaración do 2006 como Ano da Memoria Histórica e lamentou que o Goberno local de Vigo nunca se sumase ás reivindicacións da memoria histórica un feito que mostra "que os populares nunca se desenlearon do franquismo e que son continuadores", matizou.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS