Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Mércores 22.05.2013  | Actualizado 14.10

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Maré

lusofonía

Villares escolle Brasil como ponte para América

Xira do presidente do CCG polo país

MARÉ   | 29.03.2010 
A- A+

Convidado polo Ministerio das Relaçoes Exteriores do Brasil, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura galega, participou esta fin de semana na Conferência Internacional sobre o Futuro da Língua Portuguesa no Sistema Mundial, que se celebrou en Brasilia organizada pola Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP).  

Villares aproveita a viaxe para abrir vías de colaboración con diferentes institucións. Deste xeito, reuniuse cos directores do Instituto Cervantes de São Paulo, Pedro Benítez, e co que Brasilia, Manuel Lombao. Neste último centro impartiu onte unha conferencia sobre o tema Galicia: unha cultura-ponte entre Europa e América.

En São Paulo, terá como obxectivos o establecemento de acordos de colaboración con diferentes institucións para promover e difundir a lingua e a cultura galegas no Brasil. Hoxe mesmo, Villares subscribirá un acordo marco co reitor da Universidade de São Paulo para a realización de actividades de intercambio cultural e pronunciará unha conferencia sobre Galicia: unha nación cultural, na Universidade de São Paulo.

Mañá será cando Villares se entreviste con Federico Barbosa, director de Poiesis, organización social de cultura, que administra o Museo de Língua Portuguesa -o máis visitado do Brasil- para concretar a súa posible colaboración nunha grande exposición sobre a lingua, literatura e cultura galegas.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS