Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 21.09.2017 Actualizado 20:28
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Maré

maré hoxe

Volven Dios Ke Te Crew

Dios Ke Te Crew, a formación que converteu o galego nunha das linguas internacionais do hip hop, lanza o seu novo disco, ‘Humanose’, e como adianto penduraron da súa web un tema no que colaboran Leo i Arremecághona e a vocalista Loli Nogueira. O tema pódese descargar xa de xeito gratuíto.

REDACCIÓN   | 28.05.2011 
A- A+

AXENCIAS
Portada do novo disco de Dios Ke Te Crew, a formación galega con máis popularidade no ámbito do hip hop
FOTO: AXENCIAS

Logo de saír á luz o LP Xénese(2006), e lograr unha moi boa acollida por parte do público, Dios Ke Te Crew convértese nun referente da escena HipHop. Avalados pola crítica dende os seus inicios, conseguen sorprender a un público de diferentes tendencias musicas, factor que os propulsaría por toda a xeografía do país.

Despois dun ano sen realizar actuacións, no que estiveron encerrados no seu estudio (Rapapoulo, en Ordes), Dios Ke Te Crew anuncia o lanzamento do seu novo e esperado traballo discográfico. Baixo o título de Humanose, este álbum estará dispoñible en todas as tendas na segunda quincena do mes de xuño, composto por trece cortes inconfundibles e coa colaboración de diferentes artistas do eido musical.

Ademais, o traballo de de- seño e ilustración do disco corre a cargo de Liqen e Sekone, dúas importantes figuras do ámbito da arte urbana. Como adianto do traballo, DKTC acaba de publicar unha das cancións que se inclúen no disco, Dáme ighual, que conta coa participación de o Leo i Arremecághona e da vocalista Loli Nogueira. O tema xa se pode descargar gratuitamente na súa páxina web oficial: www.diosketecrew.com

A formación, considerados na actualidade como un dos grupos musicais máis influentes de Galicia, volverá pisar forte nos escenarios para presentar un traballo que xa está chamado a ser un dos discos do ano.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS