Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

plenario

X.L. Regueira entra na RAG e apontoa o peso do ILG

Débora Campos nova correspondente

REDACCIÓN   | 26.03.2011 
A- A+

O Plenario da Real Academia Galega, que onte se reuniu na Coruña, acordou nomear académico electo a Xosé Luís Regueira Fernández, que ocupará a vacante producida tras o falecemento da numeraria Olga Gallego Domínguez. Na mesma sesión, foi elixida Débora Campos Vázquez como académica correspondente.

Xosé Luís Regueira Fernández (Goiriz, Vilalba, 1958) é catedrático de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela é un destacado investigador no ámbito dos estudos fonéticos, gramaticais e onomásticos da lingua galega,l. É membro da International Phonetics Association e da Asociación Internacional de Estudios Galegos entre outras.

Regueira, que xa era correspondente desde o ano 2002, colaboraba xa coa institución en traballos de fonética, de toponimia, de gramática, e na organización dos Cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros, dos que foi secretario durante moitos anos.

Autor de varias obras sobre lingüística galega e secretario do Instituto da Lingua Galega (ILG), Regueira foi responsable de Os sons da lingua e do Dicionario de pronuncia da lingua galega. Tamén se achegou ao ámbito da didáctica como coautor do método Edigal galego, o primeiro método audiovisual sobre a lingua galega.

Débora Campos (Buenos Aires, 1973), filla de galegos, naceu no Centro Gallego de Buenos Aires. É xornalista e profesora na Universidade de Buenos Aires (UBA). Licenciouse en Ciencias da Comunicación na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Buenos Aires (UBA).Foi colaboradora do diario electrónico Vieiros de Galicia e membro do Foro de Periodismo Argentino (FOPEA).

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS