A Casa de Galicia en Madrid acolleu onte a presentación do libro Rosalía erótica e existencial. 50 poemas esenciais, obra do compostelán Xosé Azar que publicou Editorial Manuscritos. Nel, Aza reclama que vexa "a Rosalía verdadeira, que non é nin unha chorona, como se dixo, nin tampouco unha santa: unha muller apaixonada condenada a convivir cun home ao que non amaba e que soñaba cuns amores imposibles e totais". Sobre ambas as dúas cousas tratan os poemas eróticos seleccionados para, algúns ata agora descoñecidos, que se poden ler coas aclaracións pertinentes ao lado, ademais dos existenciais, dos que sempre soubo a súa fondura.
A obra, engadiu Azar, ten dúas intencións diferentes: "Desfacer a lenda negra dunha Rosalía chorona e facer ver que Rosalía é unha poeta profunda". "En canto ao eros, o seu sentimento pode resumirse en dous aspectos: o seu desespero por estar condenada no matrimonio a un amor que era para ela unha tortura e á busca da liberación en aventuras eróticas imaxinarias e totais".