Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 11.12.2018 Actualizado 21:23
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

A Xunta presenta a súa primeira campaña publicitaria en castelán

13.05.2010 
A- A+

En vésperas do Día das Letras, dúas medidas desenvolvidas polo goberno de Alberto Núñez Feijóo apontoan a súa política lingüística de apoio ao castelán: por unha banda, fíxose pública a primeira campaña institucional en castelán da Xunta -"Ahora Galicia conecta contigo"- e pola outra, a Consellería de Educación eliminou a cota mínima de libros en galego que tiñan as bibliotecas escolares.

O lema Ahora Galicia conecta contigo foi o escollido para a campaña de publicidade da Administración electrónica, en concreto a factura e a licitación electrónica, que se pode tramitar en xunta.es. Sin papeles. Sin desplazamientos é o outro eslogan da campaña, que xa está presente en distintas cidades do país. A outra medida "estrela" da progresiva desgaleguización que emprendeu o goberno do PP, lévaa a cabo a Consellaría de Educación, que eliminou a cota mínima de libros en galego (do 50%) que tiñan as bibliotecas e centros de ensino públicos que establecía o Plan de Mellora de Bibliotecas.

Neste sentido, o presidente da Mesa, Carlos Callón, negou onte en Vigo que exista unha "politización" sobre o odioma e amosou a súa sorpresa porque algúns din "que o nacionalismo politiza a lingua". Callón afirmou que na manifestación do 17-M participará "toda a sociedade" agás "o PP", formación á que acusou de erguer a estrataxema de que o nacionalismo "politizaba" o idioma porque, en realidade, subliñou, no PP "quererían que ninguén defendese o galego".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS