Hoxe Galicia quedará nun réxime de ventos do oeste que traerán moita humidade. Así, agárdase unha xornada de ceos cubertos, con chuvias probables en calquera punto, máis persistentes na franxa atlántica e máis ocasionais nas provincias de Lugo e Ourense. As temperaturas terán poucois cambios significativos, con pouca oscilación térmica. O vento soprará de compoñente oeste, con intervalos fortes no terzo norte.