Temperaturas Máximas De descenso
Temperaturas Mínimas De descenso
Comentario
Hoxe Galicia estará con inestabilidade na atmosfera e con chegada de aire frío. Agárdase así unha xornada de ceos parcialmente nubrados con chuvascos máis frecuentes e intensos durante a mañá. A cota de neve estará nos 1.000 metros, subindo aos 1.200 metros ao final do día. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará de compoñente oeste, forte no litoral.