Aínda que durante esta xornada as altas presións irán entrando polo sur da península Ibérica, unha fronte cálida afectará á nosa Comunidade, deixando moita humidade. Polo tanto, o ceo estará cuberto en xeral con precipitacións febles, máis probables na franxa atlántica, pero que ocasionalmente poderían afectar a outros puntos As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo do suroeste.