Temperaturas Máximas Mantéñense
Temperaturas Mínimas De ascenso
Comentario
O domingo unha fronte fría chegará a Galicia nas primeiras horas da xornada deixando ceos cubertos con chuvias persistentes durante a mañá e que irán remitindo a partir do mediodía. As temperaturas mínimas experimentarán un notable ascenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo, de compoñente sur pola mañá cambiando a oeste á tarde, deixando intervalos fortes no litoral norte.