Aínda que durante esta xornada as altas presións iranse achegando a Galicia o vento do suroeste traerá moita humidade. Polo tanto, o ceo estará cuberto en xeral con precipitacións febles, máis probables na franxa atlántica, pero que ocasionalmente poderían afectar a outros puntos da Comunidade. As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo do suroeste.