Hoxe chegará unha fronte fría durante a mañá deixando ceos cubertos e chuvias que serán especialmente intensas na franxa atlántica. Pola tarde e noite quedaremos nunha situación de chuvascos, probables en calquera punto da Comunidade. A cota de neve estará nos 1.400 metros a primeiras horas e irá en progresivo ascenso co avance do día. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros ascensos das máximas. Os ventos soprarán fortes de compoñente oeste.