O sábado poucos cambios significativos sobre Galicia, á espera da chegada dunha nova fronte ao longo do día. Deste xeito, os ceos estarán cubertos con precipitacións na metade occidental sendo máis xeneralizadas cara á noite. As temperaturas mínimas en lixeiro descenso e máximas sen cambios. O vento soprará forte do sudoeste.