Temperaturas Máximas De ascenso
Temperaturas Mínimas Mantéñense
Comentario
O sábado chegará unha fronte fría durante a mañá deixando ceos cubertos e chuvias que serán especialmente intensas na franxa atlántica. A partir do mediodía quedaremos nunha situación de chuvascos, probables en calquera punto da Comunidade. A cota de neve estará nos 1.400 metros a primeiras horas e irá en progresivo ascenso co avance do día. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros ascensos das máximas. Os ventos soprarán de compoñente oeste, moderados, con intervalos fortes no litoral atlántico pola tarde.