Temperaturas Máximas De descenso
Temperaturas Mínimas De descenso
Comentario
Durante o martes Galicia irá perdendo a influencia do anticiclón, coa chegada dunha fronte moi activa cara á noite. Así, durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis claros no norte e leste. Co avance da tarde os ceos iranse cubrindo e comezarán as chuvias que pola noite chegarán a toda Galicia e serán especialmente intensas na metade oeste. As temperaturas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos, de novo con xeadas na provincia de Ourense. O vento soprará forte do sur, con refachos moi fortes á noite no litoral e zonas altas.