Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 23.04.2019 Actualizado 20:25
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Opinión

DISQUE DISQUE

ANTÓN LOSADA

Acordo con fórceps

12.05.2010 
A- A+

Disque Gayoso e Caixanova xa presiden a fusión que nunca quixeron, e que Méndez e Caixa Galicia van de pedidos no único acordo que non querían. Disque O Noso Alberto consegue o obxectivo de que haxa fusión, pero parécese tan pouco ao que quería e leva gastada tanta paciencia en camiños sen saída, como a reforma da lei, que non queda claro se lle pagará a pena. Disque os socialistas tamén se apuntan o tanto cando paran un segundo de acoitelarse uns aos outros. O BNG tanto ten, porque non conta nesta función. A falla de saber dunha vez os números reais do que sae e do que custa, non me acaba de quedar claro quen quería realmente esta fusión. antonlosada.blogspot.com

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS