Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.01.2019 Actualizado 13:27
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Opinión

Disque Disque

ANTÓN LOSADA

Aeroporto 2010

21.04.2010 
A- A+

Disque medra a polémica arredor de quen e por que decidiu pechar o espazo aéreo europeo polo risco que supoñen as cinzas do volcán de Islandia, ese país onde parecía que non pasaba nada e non fan máis que pasar cousas. Os argumentos que se manexan son tan contundentes como que o do perigo o din os científicos, que xa se sabe como son. Que non houbo una autoridade europea que dera a orde, e que os gobernos son uns histéricos. E, sobre todo, que se perden moitos cartos. Á fronte da manifestación marchan as compañías aéreas, que, coma sempre, non teñen outro interese que a nosa satisfacción, como acreditan cada día e como todos temos desfrutado. antonlosada.blogspot.com

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS