Mércores 08.09.2010
| Actualizado 18.03
Hemeroteca web
|
RSS
Disque Catalunya xa é terra liberada de corridas de touros. É, dende onte, un país máis libre, máis civilizado e máis humano e compasivo. Os mesmos que non cansan de repetir que a Constitución prohibe a Catalunya chamarse nación aínda que queira, berran agora indignados en nome da liberdade, protestando porque se prohiba torturar un animal para cumprir co único obxectivo de pasalo ben, e pola única razón de que podemos. Como se fose un insulto, din que todo é política e é cousa de políticos porque España e eles son así. Que bonito é o progreso cando sae ben! Un pequeno paso para a humanidade. Un gran salto para os touros. antonlosada.blogspot.com