Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Opinión

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

CADERNO ABERTO

Anisia Miranda

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Colleume ben por sorpresa a noticia da morte de Anisia Miranda, compañeira do gran escritor e amigo Xosé Neira Vilas. Aínda a estou vendo en Gres, nunha das miñas últimas visitas á Fundación da que ela era vicepresidenta, dándome conta ela, con lexítimo orgullo e cordial firmeza, da marcha espléndida da biblioteca da Fundación Neira Vilas, e en particular da sección infantil da mesma, ampla e fermosa, que a propia Anisia coordinaba e mimaba de xeito ben especial e eficaz. Narradora, poeta, autora teatral, xornalista e tradutora, Anisia Miranda, filla de emigrantes ourensáns, era avileña, de Ciego de Ávila (Cuba), onde nacera o 30 de decembro de 1932. Despois dunha estancia de oito anos en Buenos Aires, a onde se tiña trasladado cos seus pais á idade de vinte anos, en 1961 regresa a Cuba, o seu primeiro e verdadeiro centro vital, profesional e literario. Mais antes, na cidade porteña, fervente de galegos e de galeguidade, Anisia Miranda coñece a Pepe Neira, con quen casa o 21 de febreiro de 1957 e con quen, cinco meses despois, crea a organización libreiro-editorial Follas Novas, pioneira tamén na distribución do libro galego en América. Sen dúbida que foi Neira Vilas, lúcido galeguista de mente e de corazón dende moi novo, o introdutor de Anisia no galeguismo cultural bonaerense, pois a nosa escritora axiña entrou en contacto con Ramón de Valenzuela, Rafael Dieste, Antonio Baltar, Laxeiro ou Eduardo Blanco Amor, entre outros, incorporando así unha base intelectual e literaria que sería fundamental no seu futuro. Tradutora ao galego de Rubén Darío, Amado Nervo e Walt Whitman, sen nos esquecer de Martí, en Cuba -a onde volta co seu home no ano 1961- acabará traballando con Alejo Carpentier e finalmente será gran creadora e especialista en literatura infantil, fundadora de revistas e autora emblemática neste eido na illa de Cuba e en América. No ano 1992 Anisia e Neira Vilas regresan a Galicia. Ela escribe e publica en galego, a lingua dos seus pais e do seu home. Para ela toda a nosa lembranza.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS