Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 17.05.2012
| Actualizado 02.02

Disque O Noso Alberto tampouco superou a síndrome do opositor que se apodera dos candidatos nas investiduras. Obsequiou-nos co xa clásico exercicio de opositor camuflado de discurso: falar de todo un pouco para dar a sensación de saber un pouco de todo. Ao seu favor, ter collido á fin o ton institucional que se lle resistía, anunciar a redución da hipertrofia venerada en áreas concretas do bipartito coma Presidencia e comprometer a indispensable reforma do Estatuto. En contra, que, á parte de botar contas, non sabemos que vai facer co da crise, e sacar da manga o "trilingüismo cordial" antes de amañar a que armou co "bilingüismo amable". antonlosada.blogspot.com
