Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 17.05.2012
| Actualizado 02.02

Á fin, en voo directo, partimos en familia para Barcelona. Chegamos á Cidade Condal, a véspera do domingo de Ramos á noite. Na miña mente levaba a chegada de don Quixote a Barcelona: "Á fin, por camiños desusados, por atallos e sendas encubertas, partiron Roque, don Quixote e Sancho, con outros seis escudeiros, para Barcelona. Chegaron á súa praia, a véspera de san Xoan á noite?"
Todo o que lemos que ten como protagonista, como escenario esta cidade "fecunda e chea de oportunidades", vai connosco, acompáñanos nesta viaxe. Énos útil, permítenos coñecela mellor. Como foi, como é, como son os seus habitantes, a súa vida cotiá. Como a describen, que salientan dela, diferentes autores. O mesmo ocorre con outras referencias que temos dela a través do cine ( Todo sobre mi madre, de Almodovar, Vicky-Cristina Barcelona?) que conforman a imaxe, a idea xeral que temos dela.
Ao chegar á igrexa de Santa María del Mar, á barcelona gótica, ao barrio da Ribera, acompáñanos Arnau Estanyol e observamos fronte a Santa María, a todos os turistas contemplándoa, e como el observa, "desde unha ventá da súa casa a toda Barcelona alí reunida e amoreada, na praza, nas rúas lindantes, sobre os andamios, dentro da igrexa incluso, coa atención posta nun entarimado que fixera levantar o rei."
Outras veces guíanos Juan Goytisolo quen nos descobre a Barcelona da guerra e da ditadura, coa súa obra Coto vedado. Outras, a paisaxe da posguerra ou da burguesía catalá do franquismo, tráenola Andrea, a protagonista de Nada de Camen Laforet. Ela fai que nos fale o espazo urbano, a casa da rúa Aribau e todas as rúas de Barcelona e a súa universidade. Noutras ocasións observámola como Eduardo Mendoza en Quen se lembra de Armando Palacio Valdés, A verdade sobre el caso Savolta ou A cidade dos prodixios.
Tamén nos acompaña Joán Marsé, o autor das Últimas tardes con Teresa ou La ciutat interrompuda de Juliá Guillamón que nos orienta sobre as transformacións sufridas desde os anos 70 e da Barcelona postolímpica, unida ao mar.
E no noso itinerario cultural, turístico, gastronómico acompáñanos Vázquez Montalbán, quen dixo sobre o Mercado da Boquería: "A Boquería é de visita obrigada porque é o mellor escaparate de materias primas da cidade, tanto na súa oferta de peixes activada cada día a partir das sete da tarde coa chegada da pesca desde Rosas, como na de salgaduras, aves, froitería, carne, restos. Aquí atópase o que non se atopa en ningún lugar de Barcelona, aínda que os grandes almacéns traten de competir con supermercados da alimentación que, como El Corte Inglés, incluso poñen o cebo cunha sección de gourmets. Pero A Boquería non só é o mercado total, senón un itinerario humano no que vendedores e compradores posan para a retina do mirón que os sorprende nos mellores xestos, nas mellores interpretacións de vendedores e compradores".
E así mergullámonos nesta cidade cosmopolita, agradable, cómoda, europea, gaudiana, de tranvías e teleféricos, vangardista, creativa, na Sagrada Familia, en Montjuic, no Museo de Miró, no Palau da Música e en todos os lugares que visitamos e dos que gozamos nesta semana santa.
