Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Opinión

fiestra aberta

MANUEL CENDÁN

Bildu

05.05.2011 
A- A+

José Bono acaba de impedir que formacións democráticas como EA e Alternatiba, invitadas por ERC e IC, puideran dar unha roda de prensa no Congreso dos Deputados. Así, tamén o ex conseller de Francisco Camps, Esteban González Pons, acaba de pronunciarse co propósito evidente de condicionar ao Tribunal Constitucional, sobre a legalidade das listas de Bildu para as eleccións municipais do 22 de maio.

O PP está a conseguir que a súa estratexia oportunista en materia antiterrorista -deslealdade co goberno Zapatero, descualificación de todo aquel que non acepte a súa doutrina ou as burdas manipulacións das vítimas do terrorismo- vaia camiño de provocar unha involución nos dereitos fundamentais de opinión e de representación política.

Por que impedir que partidos de tradición democrática contrastada, con alcaldes e concelleiros vascos e navarros en exercicio xunto con membros da esquerda independentista que carecen de antecedentes violentos, poidan concorrer ás eleccións?

O dano que se lles fai ás sociedades vasca e española é dobre. Impídese a libre expresión da vontade política dos cidadáns e refórzase o discurso etarra sobre un país vixiado que ten as súas liberdades políticas e sociais suspendidas. Como explicaremos ante Europa esta situación de excepcionalidade? Máis, cando hai partidos que aínda non condenaron o terrorismo franquista e van estar.

ETA é hoxe o principal argumento da dereita contra os nacionalismos. E dende as filas socialistas debemos romper coa súa chantaxe; apostar claramente por un acordo histórico co nacionalismo democrático vasco, incluídos EA e Alternatiba, así como Aralar, para a definitiva desaparición do terrorismo..

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS