Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Opinión

ROSA ANEIROS

NOVE ONDAS

Cabalgamos sobre unicornios

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Aquí, nós: "Atraídos pola esperanza/ e expulsados pola miseria,/ cabalgamos sobre unicornios,/ brandindo espadas de plastilina". Estes versos pertencen ao poemario Oda ás nais perennes con fillos caducos entre os brazos de Moncho Iglesias e denuncian a terrible realidade do pobo palestino. Non só iso. Falan da necesidade de turrar polos ideais a lombos de unicornios de escuma cando a marea vén remexida e só arrastra crebas de naufraxios. O día 20 de xuño conmemoramos o Día Mundial do Refuxiado e Amnistía Internacional lémbranos a traxedia de tantas vidas en perigo mentres os gobernos néganlles protección ás persoas que chegan -exhaustas, cansas, pero cunha luz de esperanza- ás nosas fronteiras. Europa, a que enarbora a bandeira dos dereitos humanos, olla para outro lado cando cidadáns de todo o mundo piden asilo namentres foxen de guerras, persecucións políticas, violencia de xénero, abusos. Só a protección internacional pode salvar a quen non ten máis cós folgos que restan da carreira desesperada contra a derrota. E os fardeis destes exiliados cargan demasiadas batallas para deixarse vencer pola indiferenza. Pechar os ollos non serve. Por iso seguirán -seguiremos- cabalgando sobre unicornios e brandindo espadas de plastilina.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS