Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Opinión

MARÍA VERZA

CALIDOSCOPIO

De "Cavaliere" a "Papi"

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Silvio Berlusconi sempre foi Il Cavaliere da política e da empresa italiana pola súa fama de Don Xoán e conquistador. Logo o glamour que alguén puidese ver neste empresario populista reconvertido en político desapareceu e non foi polos seus 72 anos nin polas operacións de estética senón porque se transformou no Papi de moitas velinas novas ás que axudaba a promocionarse, un apelativo que lle provocou o divorcio e o desprezo da súa última esposa, Verónica Lario. Pero para un dos homes máis ricos e orgullosos de Italia, tres veces primeiro ministro, ser rebaixado a usuario final dunhas prostitutas supón un golpe moito máis forte que as múltiples acusacións de corrupción, suborno e abuso de poder que ten ás súas costas.

Berlusconi pasa por días baixos, todo debido, denuncia el, a un complot da prensa de esquerda, tanto italiana como internacional, de comunistas e "desgraciados" que queren desprestixialo. Pero as críticas á súa conduta chegaron ata de bispos, amigos e xornais afíns. Despois do escándalo de como elixía bailarinas e modelos para confeccionar as súas listas, comezaron as festas na súa mansión romana de Grazioli ou en Vila Certosa, en Sardeña, as polémicas fotos, os intentos de censura por parte do goberno, os supostos usos privados de avións públicos... e os italianos comezan a fartarse.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS