Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Opinión

XOSÉ A. PEROZO

CARA OU CRUZ

Comedores escolares

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.3/5 [6 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Os comedores escolares foron un avance social e educativo. Existiron desde tempos remotos nalgúns centros da Igrexa, máis relacionados coa caridade que co ensino, pero foi na II República cando se pensou neles como unha fórmula eficaz para universalizar o acceso á cultura das clases menos favorecidas. Hoxe os comedores escolares teñen unha importante función como instrumentos para conciliar a vida laboral de pais e nais coa asistencia a clase dos nenos e nenas. Porén, hai comunidades como a galega na que este servizo carece do apoio que a Xunta, como administración da que depende a educación, non presta adecuadamente.

Os comedores escolares dos centros públicos son xestionados polas AMPAS nun esforzo voluntarioso que na meirande parte dos casos supera a súas capacidades. Hai casos nos que os concellos achegan recursos e apoio, pero tamén resulta insuficiente. Estes días estamos asistindo ó abandono dalgunhas AMPAS deste labor administrativo extra, mentres a Consellería de Cultura garda silencio ou bota balóns fóra. Estamos ante a apertura dunha billa que vai verter moita auga e discusións políticas, pero sobre todo, unha vez máis, diante dunha situación que vai prexudicar as familias máis necesitadas e os alumnos máis desamparados..

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS