Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Opinión

XOSÉ A. PEROZO

CARA OU CRUZ

Créditos lácteos

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [248 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Non sei se Carme Freire, do Sindicato Labrego Galego, comparou as subvencións ó automóbil, por pór un exemplo, coas que a Consellería do Medio Rural debería artellar para os produtores de leite ou mesmo para os consumidores. Pero realmente soa razoable cando a escoitamos falar indignada fronte á proposta da Xunta de que os gandeiros continúen pedindo créditos sen garantías de que as súas producións vaian cotizar en positivo no mercado. A proposta, comercialmente falando, aínda que a Administración pague os xuros, resulta suicida, supoñendo, ademais, que os bancos accedan a facer efectivas as solicitudes duns gandeiros en proceso de ser insolventes. O SLG pide que a Xunta copie as medidas do Goberno de Asturias, no lugar de ignorar a realidade do sector e lanzarlle á opinión pública unha propaganda de confusión. Pero hai máis, o Goberno galego ten capacidade para actuar en tres frontes. Unha, controlar os prezos. Dúas, vixiar a circulación do leite importado. E tres, crear e poñer en marcha campañas que incentiven o consumo do leite galego e os seus derivados. Tamén debería primar a exportación, pero o que non debe facer a Xunta é a política da avestruz. xaperozo@yahoo.es

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS