Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 17.05.2012
| Actualizado 02.02

Disque a Madoff, o inventor do tocomocho para vips, caéronlle máis anos dos que lle quedan de crédito na vida. O símbolo da avaricia que pariu a segunda gran depresión acabará os seus días comprobando que, efectivamente, o tempo é ouro. O seu crime ten castigo. Quedan impunes os reguladores e os organismos de control que lle deixaron perfeccionar o seu timo durante corenta anos. Quedan impunes os moitos cómplices que dende moitas institucións lle axudaron a borrar o seu rastro estes anos. Quedan impunes os avariciosos clientes que preferían non saber nada, mentres lles pagaran os seus incribles dividendos. O capitalismo funciona. antonlosada.blogspot.com
