Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 17.05.2012
| Actualizado 02.02
Carlos Jean, teclista e produtor nacido en Ferrol pero establecido hai tempo entre Madrid e Cádiz (onde ten casa e os seus estudios de gravación), deixou claro o domingo pola tarde por que coa morte de Michael Jackson desa- parece tamén un xeito de entender o negocio da música e o show business. Contou en Cuatro que o tipo de produción que se facía nos anos setenta e oitenta manexaba unha cantidade de medios (cartos e persoal) que ó mesmo tempo xeraba ganancias como endexamais volvera pasar, esa foi a cúspide da música como negocio... Nese documental especial botado o pasado día 28, quedou clara a reverencia interesada que os estadounidenses fan ante os seus ídolos, quizais porque falamos dun país que esnaquizou a súa Historia e que non ten máis pasado que o século XX e un XIX con antecesores de John Wayne matando sioux, quizais. Dese xeito, todo nesa reportaxe era grandilocuencia ó redor da traxectoria e vida de Jackson pero tamén citaron datos concretos, como a confesion de Quincy Jones de que Thriller ía ter outro nome. O venres pasado de noite, o especial postmorten que botou a canle norteamericana NBC convocou seis millóns e medio de olladas, sendo o máis visto desa noite nos Estados Unidos, se ben cun 3 por cento de cota de pantalla, tampouco esa lembranza do Rei do Pop chegou ó nivel dou- tros formatos ou retransmisións (a recente final da NBA tivo dez millóns de espectadores). Ollo, ese dato , un 3 por cento de cota, ilustra a enorme fragmentacion da audiencia que hai alá en Norteamérica, dispersión que aquí vai chegar coa implantación definitiva da TDT... ¡puro thriller!
