Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Opinión

MANUEL VIDAL VILLAVERDE

fai fume

Esencia da razón: a loita continúa

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

"Cando morre un dos nosos, sexa cociñeiro ou alfaiate, merece ser honrado como tal", escribía Mao. Aquí, a mesquindade capitalista só celebra o espolio, a rapina, o latrocinio; reparte a plusvalía da explotación inicua, os beneficios, e socializa as perdas; logo hai as sobras de banquete, e o que aínda sobra cae cal rapañota nas cabezas e nos cotos que foron mans do proletariado, da clase obreira, e os alienados e alienadadas tan contentos co sorriso dos neutros nesa raia que antes foi boca. Os gobernos burgueses, xestores do capitalismo e a súa barbarie, regálanlles esporadas aos espoliadores e ás casas usurarias. A Conferencia Episcopal española consagra a España "una, grande y libre" o Sagrado Corazón de Jesús, con monseñor Rouco Varela á fronte desa entelequia que administra o pegureiro maior de Roma. Pero ás hipotecas, á miseria do salario mínimo interprofesional, aos panos quentes e aos sinapanismos ou sucedáneos non atenden os grandes ladróns da historia, se non é aplicando as leis do mercado internacional da infamia, a lilaia da oferta e a demanda protexida outros asalariados que cren na súa hipnose maldita defender os dereitos democráticos nos ergástulos de si. Eis a liberdade dos individuos sometidos á escravitude vernizada, sen conciencia de tal. Abonda coa paga extraordinaria e cos detritos, unha viaxe a prazos, e cópulas atroces, sen amor, sen desembarcar na tenrura, a humillación, a desesperanza combatida con pílulas dos grandes laborarios. Calquera patoloxía é un negocio para o gran capital, para o inmenso ollo do cíclope cibernético. Non vivimos as nosas vidas, senón a vida dos outros e das outras que aparecen nos magazíns da estulticia e na desinformación e manipulación da imprensa amarela ao servizo da reacción. Así, podemos dicir con Borges, quen politicamente non era santo da miña devoción, que alienación celebra ignorante e decote, a "historia universal da infamia".

Fronte ao analfabetismo integral, incluso de homes e mulleres que pasaran coma chinches polas aulas das nosas universidades, e malvenden o nome dos devanceiros, arrebatados da memoria, só cabe a pedagoxia da esencia da razón, a loita que sabemos longa pero non interminábel dun mundo mellor, máis xusto e equitativo no repartimento da riqueza producida polos metalúrxicos do abrente, pola clase traballadora en liñas xerais, sexan operarios do metal, docentes, enxeñeiros, arquitectos, canteiros, panadeiros, xornalistas, traballadores do ladrillo infame, profesionais da medicina e non traficantes de receitas, e un senfín de bos, nobres e xenerosos que saben que que a loita continúa.

Nos entullos da historia han nacer margaridas, fiúncho, camomila e lirios silvestres. É a liberdade inquebrantable da flor, ese deter o tempo con ela que nos di a nosa amiga e extraordinaria poeta Luz Pozo Garza, aínda que saibamos que a mesma flor que murcha e renace no tempo ese tempo que solicita a poeta. Presentamos, polo de agora, as mesmas palabras de Celso cabo da longa noite de pedra: "Eu presento a testemuña dos aldraxes/dos primeiros homes/que alcenderon lumieiras nos curutos/e creron la liberdade dos soños". A esencia da razón vén do inmanente, como a loita pola liberdade, como a vida amada despois da nostalxia e no tránsito pasaxeiro da morte, nunha crónica de amor e desamor.

E na liberdade e na loita está a cultura que lle arrebataron inutilmente ó pobo, á nación galega, o idioma que os fripóns e advenedizos nos queren arrebatar coa súa falaz referencia á liberdade, esa transcendencia dun soño que xamais morrerá en nós-outros. Pasou a noite de San Xoán, hoxe pode non ser o mesmo día na procura desa esencia e desa razón.

 

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS