Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Opinión

XOSÉ MARÍA MÁIZ TOGORES

filoso

Falo do novo goberno...

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Galego, enténdese. Síntoo por aqueles que esperaban unha morea de apupos, calugadas ou calquera outra sorte de asubíos pola remodelación que hai nadiña fixera o noso ZP. Vou pedirlle ao futuro presidente algunhas cousiñas en tres áreas: economía, ensino e cultura e medios de comunicación. Na economía, dende a miña ignorancia non disimulada, pídolle que facilite o máis posíbel o labor das pequenas e medianas empresas, o motor da nosa economía. Non é de recibo que haxa pequenos empresarios, algúns chámanse carrizos, que inda non cobraran facturas de hai catro ou cinco anos. Imaxino como viviriamos nosoutros sen o soldo varios meses. E facilitar a mobilidade laboral de empregados, que non o despedimento libre.

No ensino, por favor, que loite para conseguir as seguintes metas: a mellora dos recursos dos centros, unha verdadeira liberdade de elección na lingua, o desenvolvemento dun programa de acción, consensuado con todas as forzas políticas e sociais, que favoreza o estudo do galego coma unha lingua de todos e non como a imposición duns poucos que pensan que son a esencia da galeguidade, decepar a política dos colexios (certo que son uns poucos, pero hai cousas que arrepían), a loita contra a violencia nas aulas, a informatización, o afastamento do fracaso escolar, ese mal endémico da nosa comunidade educativa, unha certa estabilidade nos programas educativos? Na cultura, sentidiño. Curioso que quen puxo a primeira pedra do Gaiás (ese mastodonte de cuxo autor prefiro non lembrarme), sexa quen, ao mellor, poña a última. Gaiás aberto a todos, non a unha minoría afacendada que pague a morea de cartos que alí morreron. Inda soño cunha Galicia lifteada (perdón polo neoloxismo) nas súas igrexas, museos, casas natais de persoeiros, rúas, camiños? cos infinitos cartos que leva engulidos o monstro do Gaiás. Nos medios de comunicación, pídolle unha verdadeira liberdade e independencia. Xa sei, como di o meu respectado e admirado Piñeiro, que alí fala todo o mundo o que quere. Pero? ¿está toda Galicia representada neses faladoiros? Penso que non, que hai unha Galicia que non sae na TVG. Parece que hai medo a que alguén altere a homoxeneidade do politicamente correcto.

(Addenda: moitos pensarán que isto son trivialidades dun ignorante da realidade da nosa terra, pero son as ideas recollidas por min nunha xuntanza de galegos a pouco de se celebrar as eleccións. Nela había moitas caras escalouradas).

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS